24 11 16 CALEAO - PEÑA RIEGOS - SOTO DE AGUES

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Caso e Sobrescobio (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Ponte do Rego dos Arrudos (620 m)

ACCESO: Pola estrada AS – 117 que sobe ao porto de Tarna ata Coballes onde cruzamos o río Nalón en dirección Caleao.

HORARIO: 5 h                             DESNIVEL: 750 m              DISTANCIA: 13 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Soto de Agües (440 m)                     

COTA MÁXIMA: Peña Riegos (1.389 m)

MAPAS: I.G.N. – 54 – III – 79 – I

SINOPSE: Redes é unha das zonas faunísticas máis rica de Asturias. No Parque atópanse presentes todas as especies características do norte peninsular, algunha delas de especial protección: oso pardo, lontra, lobo, aguia real, alimoche, pita do monte, xabarís, rebezos, cervos...

            A riqueza ambiental maniféstase en multitude de paisaxes de espazos agrarios e frondosos bosques, sendo os prados de montaña, lagos foces e fervenza os que marcan a singularidade.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Dado que o bus non chega a Caleao, esta ruta comezámola na ponte do Rego dos Arrudos, un quilómetro antes do pobo. Camiñamos pola pista asfaltada que da acceso a Caleao polo que cruzamos en dirección norte polas súas rúas ata saír pola parte alta do pobo.

            Seguimos pola pista en dirección noroeste, subindo comodamente e deixando á nosa esquerda o depósito da auga. Camiñamos ao logo do val para pasar en primeiro lugar polos Llanos (1.040 m) e máis arriba xunto ás cabanas de Cobayos (1.120 m).

            Uns metros máis arriba, rematamos na Collada de Isornu (1.212 m), que fai límite entre os concellos de Caso e Sobrescobio e balcón cunhas fermosas panorámicas das terras dos dous concellos.

            Na Collada de Isornu, a ruta cambia de dirección cara á dereita, norte, polo que seguimos un carreiro pola ladeira do monte, facendo varias reviravoltas ata o cume de Peña Riegos (1.389 m), miradoiro, pesa a súa modesta altitude, espléndido que nos ofrece unha impresionante vista de cumes como o Retriñón, Cullargallos, Corbellosu, Cogollo, Guanalón, Peña Mea, Corteguerón, Torres etc.  

            De Peña Riegos baixamos cara ao oeste buscando a fondada de Mayau Les Morteres e a Collá Cobertorial (1.251 m) onde o carreiro rodea polo sur do Xerru Tendillanes,  que cruzamos por un paso entre as rochas entrando nun fermoso faial. Agora seguimos as marcas do PR. – AS – 120 que vai a Mayáu Fresnos (1.002 m). Logo o carreiro transfórmase nun bo camiño que nos leva ata a solitaria cabana, punto de paso da traída de auga dos Arrudos a Xixón.

            Aquí temos unha encrucillada de camiños. A pista da esquerda baixa por Porciles e Les Garbanceres a entroncar coa ruta do río Alba á altura de El Retertoriu.

            Pola dereita, o camiño baixa en dirección leste ao val de Feleches onde por cómoda pista seguimos o río Nozalín. Un pouco máis abaixo, o río pasa pola fermosa Foz de Nozalín a partir da cal, iremos afastándonos dor río pasando xunto as cabanas de La Rotella. O camiño entra pola parte superior de San Andrés, pasando xunta á súa igrexa, cruzamos pola ponte o río Alba e chegamos ao aparcadoiro de Soto de Agües.