24 10 19 LOS PANDOS - PEÑA MELERA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Aller (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Felechosa (640 m)

ACCESO: A Felechosa chégase pola estrada AS – 253 que sae de Ujo en dirección a San Isidro.

HORARIO: 6/7 horas        DESNIVEL:  1.200 m         DISTANCIA: 14 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Felechosa (640 m)        COTA MÁXIMA: Los Pandos (1.573 m)

MAPAS: I.G.N. – 79 – I – III

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina en Felechosa onde cruzamos pola ponte o río Aller para seguir por unha pista que nos vai levar ao Molín de Peón (660m) antes pequena central eléctrica, hoxe un centro de alevinaxe de troitas. Aquí bifúrcase o camiño onde seguimos pola esquerda que conflúe cono da dereita no comezo das foces. Cruzamos o río San Isidro seguindo as sinais do PR AS – 31 Ruta de Las Foces del Río Pino que seguiremos unha parte do percorrido.

            Durante un par de quilómetros vamos subindo por un camiño moi cómodo á sombra do bosque. Pasamos xunto ás cabanas espalladas a un e outro lado do camiño, destacando as praderías de Cobesi (808 m), fonte de Las Gavilanceras (820 m) e Los Pranones (826 m) cunha cabana en ruínas e un fermoso exemplar de teixo.

            Desde aquí, podemos ver ao poñente, o pico Cueto, último cume do cordal de Las Fuentes de Invierno, polo oeste Peña Mea e as Peñas Negras polo norte.

            Por terreo chan chegamos as Foces (933 m) onde remata a pista. A primeira ponte métenos no desfiladeiro por onde baixa o río entre pozas e pequenas fervenzas. Logo de cruzar unha segunda ponte chegamos ao remate das foces no lugar de El  Posaero (985 m) onde unha sinal nos indica a dirección ao Collado Caniecha, que seguiremos uns metros. Outra sinal indica a Peña Redonda que xa podemos comezar a ver desde esta posición.

            Seguimos subino polo carreiro do PR – AS – 31, á esquerda de El Posaero, que abandonamos pouco despois de pasar xunto a unha cadra, para enfiar, cara ao leste,  a subida poloa Valle Pedroso, un carreiro desdebuxado que se perde ás veces entre prados e mautueiro.

            Desde este lugar podemos ver as Foces, Peña Redonda e Peña Pandos coa súa crista cortante sobre os abismos. No centro do val cruzamos a Majada Pedroso (1.335 m) onde abundan os freixos, acivros e breixos, na zona alta. Así coroamos na Collá Cavera (1.461 m) que da paso a unha pradería cunha cabana e a Peña Melera (1.544 m) é ao Collado Los Pandos (1.573 m).

            Comezamos a subida cara á Peña Los Pandos para acometer o repeito final axudándonos con as mans nalgún treito. Este é un balcón que nos permite ver o largo val por onde discorre  a estrada AS – 253. 

            Volvemos á Collá Cavera (1.461 m) e cruzando a pradería acadamos o Collado Pandos (1.472 m) aos pés da cara sur de Peña Melera (1.544 m) desde a que nos ofrece a vista de Peña Los Pandos de silueta afiada pola súa vertente norocidental.

            Baixamos ao Collado Pandos para seguir, en dirección leste, ata o Collau LLago (1.325 m) onde xiramos de novo cara ao cordal de Los Pandos. Pasamos xunto á unha fonte seguindo cara á Majada Gallos.

            A partir de aquí, o camiño arrímase á pena para comezar unha forte baixada. Podemos ver as vías abertas de escalada e máis abaixo entroncamos cunha pista que nos vai levar á ponte de Las Muñecas desde a que seguimos por pista ata Felechosa