10 06 26 Lagos de Enol - La Robliza - Caín (Cangas de Onís e Onís) Asturias (Valdeón) León
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Valdeón (León)
PUNTO DE PARTIDA: Lago La Ercina (1.105 m)
ACCESO: Pola estrada AS – 262 de Soto de Cangas a Covadonga. Aquí collemos a CO – 4 que sobe aos lagos de Enol.
HORARIO: 10 h DESNIVEL: 1.150 m DISTANCIA: 20 km
DIFICULTADE: Alta TIPO DE RUTA: Circular MAPAS: I.G.N. – 55 – II – IV
DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza no lago La Ercina, deixando o lago á nosa esquerda, por sendeiro que ao remate do lago atravesa sobre unha parede de pedra. Á dereita quédanos a cabana de Las Reblagas pero seguimos de fronte subindo por unha estreita canle chamada La Canaleta.
Logo de pasar as cabanas da braña de El Toyu (1.300 m), damos vista a ampla veiga de El Paré a cal cruzamos arrimándonos á esquerda para seguir subindo a braña de El Tolleyu (1.370 m).
Camiñamos agora polas campeiras de Jaces xirando ao sur leste, remontando un cimbro que deixa a nosa esquerda o pico La Muda e o Jaulagua de Cangas, entrando así no lugar de Las Carreteras, tramo característico pola cor branca das rochas.
Seguimos agora polos Jous de la Carbanal antes de acadar a Vega de Aliseda, a cal recorremos en toda a súa extensión, deixando o pico Conjurtao a nosa dereita. Vamos cara as Lombas de Aliseda dende as cales comezamos unha subida cara ao sur que nos vai levar ao Collado Los Tiros (1.980 m), situado á dereita da Verdilluenga (2.129 m).
Agora cruzamos este cimbro e baixamos pola vertente oposta por sendeiro incómodo xirando á dereita por debaixo das rochas ata o Collado Llambredas (2.094 m).
Dende este cimbro remontamos cara ao sur leste pola lomba da montaña, de fácil andar de momento, achegándonos a unha primeira brecha pola que entramos na vertente do Joon de Oliseda logo de subir por unha canaliña. Ao saír da brecha aparece un muro no que temos que prestar atención pola rocha pouco segura, avanzando logo en diagonal á esquerda, agora por terreo máis sinxelo.
Despois dun curto tramo polo lombo, temos que seguir pola vertente norte onde a rocha mesturada con herba, fan pouco fiable este tramo, ata a brecha dende a que subimos á cimeira.
Superamos unha zona escarpada, baixando a inclinación ata que xiramos á esquerda primeiro e logo á dereita enfrontándonos a un muro cara á esquerda que nos inza de novo no fío da montaña. Logo dun paso aéreo coroamos o afiado cume de La Robliza.
Logo da baixada, onde extremamos as precaucións, volvemos polo Collado Los Tiros ata a zona das Lombas de Aliseda para seguir en dirección nordeste atravesando os Jous de La Manada, deixando o pico Gustutero á nosa dereita.
Vamos en dirección ao Jito de Vega de Ario dende o cal collemos o camiño ben marcado que nos leva de volta pola braña de Las Bobias ao lago La Ercina.