24 09 22 VAL GLACIAR DE PRADA

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Manzaneda (Ourense)

PUNTO DE PARTIDA: Placín (860 m)

ACCESO: Desde A Pobra de Trives pola estrada OU – 0702 ata Manzaneda é aquí coller a 0701 (Placín está a 14 km de A Pobra de Trives)

HORARIO: 5/6 horas                    DESNIVEL: 350 m             DISTANCIA: 17,5 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Tramo entre Salgueiro e A Moa (850 m)               

COTA MÁXIMA: Prada (1.105 m)

MAPA: I.G.N.- 227 – II – IV

SINOPSE: O glaciarismo ten unha gran importancia nesta zona do Macizo Central, onde a acción dos xeos contribuíu ao modelado da paisaxe actual creando un circo glaciar como o que podemos ver nos vales de As Lamas, Requeixo e Prada.

            Na era cuaternaria, con dez mil anos de antigüidade, encaixado entre montañas podemos ver unha paisaxe sorprendente pola súa fermosura e orixe.

            Nesta zona alta de Manzaneda con as abas da montaña cheas de bolos graníticos de grandes dimensións e restos de morrenas transportadas polo xeo un camiño circular levaranos por este val en forma de U nunha sinxela camiñada.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza na aldea Placín, onde nos diriximos cara á igrexa de Santiago, cruzando o centro do lugar e collendo á esquerda cara á área recreativa de Pozas do Rego. A pista vai paralela á estrada que alcanzamos máis adiante camiñando por ela para entrar en San Miguel de Bidueira. Ao chegar enfronte á igrexa, chamada “Catedral das terras de Manzaneda”, cruzamos a estrada para pasar entre esta e o cemiterio, ata o panel informativo da ruta sinalizada como PR – 138.

            Logo de dous quilómetros de andaina, desde San Miguel, entramos na aldea de Requeixo, á última habitada desta zona. Saímos pola parte dereita do lugar para coller unha pista pola que vamos gañando altura.

            A pista pasa polo arborado de As Bidueiras e máis adiante por As Tapadiñas onde existe un cruce. Seguimos a pista pola dereita que fai unha ampla curva chegando ao Bico do Lombo, unha paraxe de monte raso aparecendo un pouco máis adiante o rego Campos das Lamas que cruzamos por unha curiosa ponte.

            Polo Pontón Torto cruzamos este rego ata a Portela dos Muíños onde a pista vai perdendo identidade para transformarse nun camiño. Podemos apreciar as dúas paredes deste val glaciar antes de entrar na aldea abandonada de Prada. Cruzamos o río Requeixo e vemos a capela de San Bartolomeu que aínda se conserva, non así a súa campá.

            Deixamos as últimas casas deste lado do río para ir por un carreiro que vai paralelo ao río onde temos que ter precaución con as pedras esvaradías si están molladas. Este carreiro pasa polo lugar de As Figueiras do Río e a Biduela, cruzando o Regueiro da Serra por unhas poldras para entrar pola Cotarela de novo a Requeixo.

            Pasamos xunto á igrexa de San Bartolomeu e unha fonte para cruzar de novo esta aldea en sentido contrario á ida é na bifurcación pola que entramos collemos á esquerda en dirección á Placín onde damos por rematada a ruta.