24 08 29 CIRCULAR AO MIDÍ D´OSSAU

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Sallent de Gállego (Huesca) Larúns (Francia)

PUNTO DE PARTIDA: Aparcadoiro d`Aneou (1.730 m)

ACCESO: Pola estrada que vai de Biescas a Francia. O punto de saída está a 1,2 km logo de pasar o porto de Portalet.

HORARIO: 8 h                             DESNIVEL: 1.400 m                      DISTANCIA: 22 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Lago Bious - Artigues (1.412 m)                

COTA MÁXIMA: Col de l´Lou (2.195 m)

MAPA: Midi d´Ossau de Ediciones SUA 1:15.000

SINOPSE: Fermosa e longa ruta con magníficas vistas do Midi d´Ossau que está perfectamente marcada. Pode acurtarse facendo ida e volta ata o refuxio de (8 km ida e volta) ou desde o Col de Suzon (12 km ida e volta)

            Neste percorrido temos tres fontes: no refuxio de Pombie, no Lac de BiousArtigues e na Cabane de Peyreget, un pouco afastada da ruta.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Desde o aparcadoiro de Aneou (1.730 m) , baixamos lixeiramente para dirixirnos cara á unha ponte que cruza o río Gave de Brousset (1.710 m). Atravesamos o fondo do val pasando por dúas pequenas pontes é xunto á cabana de Senescau para acadar o Col Soum de Pombie (2.105 m). Unha longa subida pero que realizamos con comodidade debido o bo trazo do camiño.

            Desde este outeiro, o camiño case chan chega ao refuxio de Pombie (2.031 m), situado xunto ao lago do mesmo nome e unha fonte, logo de camiñar 3,8 km.

            Saímos do refuxio en dirección norte para remontar ata o Col de Suzon (2.127 m) pasando un longo caos de pedras que hai na base do Midi d´Ossau.

            Desde este lugar sae o camiño que leva ata a parede da montaña para subir pola vía principal onde existen varios pasos de escalada. Nós seguimos o noso itinerario comezando unha longa baixada ata o aparcadoiro do Lac Bious-Artigues (1.420 m). No comezo camiñamos por zona de praderías e despois por un fermoso bosque de faias desde onde temos unhas fermosas vistas do lago.

            Desde o aparcadoiro sae unha pista en dirección suroeste remontando o río Gave de Bious con suave pendente ata que chegamos a un punto (1.550 m) onde deixamos o camiño para coller un carreiro á esquerda con forte pendente. Pasamos xunto a un refuxio de pastores, a Cabana de Peyreget (1.921 m), e un pouco máis arriba o lago do mesmo nome situado na cota de 2.075 m.

            Continuamos a subida e un pouco máis arriba chegamos ao Col de l´Lou (2.194 m). Agora camiñamos case en chan, con pequenas subidas bordeando a media ladeira o pico Peyreget pola súa cara sur, e un pouco máis adiante chegamos ao Col Soum de Pombie, e ao camiño polo que antes subimos. Agora toda desandar este camiño ata o aparcadoiro de Aneou.