21 08 10 DE ORBAICETA A RONCESVALLES
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA PARA IMPRIMIR |
SITUACIÓN: Orbaitzeta e Roncesvalles (Navarra)
PUNTO DE PARTIDA: Fábrica de armas de Orbaitzeta (820 m)
ACCESO: Desde Orontz pola NA – 178 ata Ezcaroz, aquí coller a NA 140 ata Aribe e desde aquí pola NA – 2030 ata Orbaitzeta.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVÉIS: 850 m de subida / 740 m de baixadas
DISTANCIA: 15 km DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Punto de saída (820 m) COTA MÁXIMA: Pico Txangoa (1.470 m)
MAPA: Valles e Irati y Aezkoa de Editorial Alpina
SINOPSE: Ruta por terreo verde en xeral, con grandes poboacións de faias e herbosas abas que baixan das montañas, na parte alta aparece algo de rocha e a baixada desde Lepoeder, si chove, estará enlamada. Discorre por pista e amplos camiños na primeira parte seguindo despois por lombas sen camiños para os cumes, rematando por un carreiro polo medio do bosque.
DESCRICIÓN DA RUTA: Sae esta camiñada da fábrica de armas de Orbaitzeta, deixando as nosas costas e á esquerda as ruínas da fábrica. No comezo temos pista asfaltada, atopándonos cun primeiro cruce. Pola esquerda irá a opción máis sinxela pola indicación Olazar, seguindo nós de fronte cara ao refuxio de Azpegi.
Pasamos o refuxio seguindo uns metros máis pola pista, collendo á nosa esquerda un carreiro, marcado con un poste do percorrido megalítico, e desembocando nunha herbosa ladeira, indo en sentido ascendente ata dar con as marcas do GR. Seguimos este sendeiro entrando nun curto tramo arborado e rematar a subida por as ladeira herbosas no Collado de Soraluze (1.216 m) onde existe un dolmen en bo estado de conservación.
Seguindo o GR faldreamos o cume do Urkullo seguindo un amplo camiño ata o Collado de Arnoztegi (1.241 m) con pouco desnivel e pasando á terra francesa. Seguindo as marcas, percorreremos a ampla crista sobre terreo herboso, acabando por rodear un pequeno outeiro pola esquerda xunto as derradeiras árbores do val, chegando ao Collado Bentarte (1.340 m).
A partir deste outeiro, o GR baixa polo faial pero, nós seguimos á esquerda pola ladeira herbosa que sen carreiro marcado e con fortes pendentes déixanos no cume do Txangoa (1.471 m). seguimos o cristeirío onde existen grandes rochas, baixando suavemente ata as abas de Menditxipi, que tamén podemos subilo ou rodealo pola súa dereita.
De calquera maneira, o traxecto vai cara ao refuxio de Izandorre, situado no Camiño de Santiago. A este refuxio chega tamén a opción sinxela deste día. Seguimos a ampla pista, con as marcas do camiño subindo ata o Collado Lepoeder (1.432 m). Agora toca baixar, sempre seguindo as marcas polo medio do faial ata que atopamos un poste indicador onde nos desviamos á dereita en dirección Roncesvalles rematando esta travesía xunto á colexiata.