22 05 21 FUENSANTA - PICO VARALLONGA - FOCES DEL PENDÓN

 

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Nava (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Fuensanta (240 m)

ACCESO: Preto de Nava, a 2 km da estrada N – 634 collendo a NA – 1

HORARIO: 5/6 horas                    

DESNIVÉIS: Ruta normal (600 m) Subindo ao Varallonga (740 m)              DISTANCIA: 12,5 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: P. de saída (240 m)       COTA MÁXIMA: Pico Varallonga (865 m)

MAPAS: I.G.N. – 30 – III – 54 – I

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos xunto á planta engarrafadora cruzando o río Pra onde vemos as sinais do PR – AS 45 – Foces del río Pendón, pero non seguimos as sinais senón que bordeamos a planta por detrás seguindo unha pista de terra que vai paralela ao río en dirección oeste. Cruzamos de novo o río seguindo a pista que nos leva ao Palacio de la Ferrería. Aínda que non hai ningunha sinal de prohibición de paso, temos dúas cancelas, que cruzar; que deixaremos pechadas, para seguir o camiño cara ao  o río que temos que volver a cruzar.

            Logo de cruzar o río, o carreiro comeza a subir, chegando ata unha casa, O Bocarral, onde xiramos á esquerda subindo en dirección sur. Seguimos esta pista ata que atopamos un carreiro que sae pola nosa dereita e vai subindo polo monte arriba ata que chegamos a unha cabana con finca pechada de parede desde a cal acadamos a pista asfaltada que sobe a Les Praeres.

            Seguimos esta pista, sen perda e costa arriba, ata unha curva onde a xente que queira subir ao pico Varallonga pode internarse por un val que aparece á nosa esquerda, e que logo de cruzar varios prados acada o cimbro que leva ao cume do Varallonga.

            Quen non queira subir a este sinxelo cume, debe seguir pola pista asfaltada ata a campeira de Les Praeres.

            Si chegamos ata a explanada do restaurante, teremos que volver atrás pola pista ata a primeira curva onde a deixamos collendo un carreiro á dereita que pasa xunto a un bebedeiro do gando, un pouco despois xira á dereita e, na seguinte curva á esquerda seguimos de fronte. Estamos no punto máis alto (835 m) do percorrido para quen non subiu ao Varallonga. A partir de aquí, o carreiro está sinalizado con múltiples marcas ou puntos vermellos ata o Mayau Pastor polo que resulta imposible perderse.

            Unha vez, en Mayau Pastor temos un poste indicador de camiños. Pola esquerda baixa a pista directamente a Fuensanta, mentres que nós, seguiremos pola dereita en dirección as foces.

            O camiño, coñecido como Les Vueltes, comeza a baixar facendo zigzags en dirección á Les Meceures onde se xuntan o río Bomalu e o río Pendón o cal cruzamos por unha ponte e, un pouco máis adiante, volvemos a pasar por outra. O camiño, entre faias e carballos, vai tallado na rocha paralelo ao río, tendo unha caída de auga no propio camiño na zona coñecida como Les Mecedores.

            Logo comeza a saída das foces pasando unha cancela cara ao Collao los Fornos (367 m) onde temos unha boa vista da serra do Sueve, para cambiar de vertente collendo unha ampla pista, agora de formigón, pola que axiña baixamos ao punto do comezo desta andaina.