10 09 07 Bisaurín (Valle de Hecho e Aragües del Puerto) Huesca

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Valle de Hecho e Aragüés del Puerto (Huesca)

PUNTO DE PARTIDA: Refuxio de Gabardito (1.380 m) 

ACCESO: Dende a estrada HU – V – 2132 que vai a Selva de Oza, desviámonos pola ponte de Santana (920 m). O refuxio está a 7 km deste cruce.                        

HORARIO:6/7 horas                       DESNIVEL: 1.290 m                     DISTANCIA: 18 km            

DIFICULTADE: Media                 TIPO DE RUTA: Circular                   MAPAS: I.G.N. – 144 – I - II 

SINOPSE: O Bisaurín, sen tratarse dun tres mil, ofrece dende o seu cume unha extensa e fermosa panorámica da cordilleira pirenaica e os seus arredores ao non ter preto ningún outro cume que lle estorbe. Aínda que esta ruta non posúe dificultades técnicas, non deixa de ser un percorrido longo de alta montaña que afrontaremos nas debidas condicións físicas levando auga en abundancia sobre todo no verán.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do refuxio de Gabardito (1.380 m), seguindo as pegadas do sendeiro G.R. – 11, cara ao leste, primeiro polo bosque e despois por terreo máis despexado. Remontamos polo barranco baixo a pena Agüerri (2.449 m) e polos chans de Dios te Salve (1.744 m), onde hai un refuxio. Seguimos cara ao leste chegando sen maiores dificultades ao Collado de Foratón (2.016 m).

            Neste punto abandonamos o G.R. – 11 que, dende aquí, baixa cara ao refuxio de Lizara, paras subir en dirección Nordeste, por camiño herboso primeiro e pedregoso máis tarde, ao cume do Bisaurín (2.670 m).

            Como alternativa para a baixada camiñamos en dirección nordeste ata o Collado de Secús (2.415 m) descolgándonos polo barranco rodeado dos cumes de Agüerri (2447 m) Bisaurín e Secús (2.351 m) ata acadar a cubeta de Secús (1.904 m).

            Dende a cubeta seguimos polo barranco de Taxeras pasando xunto ao refuxio de Secús (1.855 m). Logo enlazamos co barranco de Agüerri para saír aos chans de Dios te Salve e volver ao refuxio polo mesmo camiño.