10 11 21 Foces do Esva (Tineo e Valdés) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

(Calleras – San Pedro de Paredes)

 

SITUACIÓN: Tineo e Valdés (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Ese de Calleras (157 m)

ACCESO: Dende Luarca pola AS – 219 ata Navelgas. Dende aquí collemos a estrada a Calleras.                               

HORARIO: 3/4 horas            DESNIVEL: 400 m                          DISTANCIA: 12 km             

DIFICULTADE: Baixa            TIPO DE RUTA: Travesía                     MAPA: I.G.N. – 27  - I 

SINOPSE: O Esva e o Negro son os dous ríos principais do concello de Valdés. As súas cuncas fluviais ocupan a maior parte da superficie. Valdés está sucado por moitos vales pequenos cos seus regatos, relevo abrupto e fortes pendentes, sendo exemplo desta orografía accidentada a garganta escavada polo río Esva entre as serras de Andornoso e Villagermonde, con paredes de ata cincocentos metros de altura.

                       

DESCRICIÓN DA RUTA: Partindo da praza da igrexa de Calleras (260 m) en dirección a San Pedro de Paredes e bordeando o regato, chegamos a localidade de Ese de Calleras (157 m). Temos, agora, que cruzar á esquerda para seguir por un sendeiro que baixa paralelo ao río Esva, ao longo duns tres quilómetros. Temos unha sucesión de escaleiras e pasarelas de madeira perfectamente integradas no medio natural.

            Máis adiante chegamos ao encoro da central do Esva (140 m) onde baixamos por uns chanzos escavados na rocha, continuando o sendeiro, agora a bastante altura, sobre o río. Logo atopamos un cruce no lugar de El Cabanón (200 m), onde o sendeiro da esquerda baixa por riba da antiga central en ruínas, que podemos visitar logo dun pequeno tramo de ida e volta.

            De volta no camiño, baixamos cara a Bustiello de Paredes (120 m) e dende aquí, por estrada asfaltada chegamos a San Pedro de Paredes (116 m).

            A outra alternativa, é coller no lugar de El Cabanón, á dereita para subir durante uns tres quilómetros ata a braña de Adrao (557 m) despois de pasar un pequeno bosque de grandes castiñeiros, lugar que ben merece unha visita para contemplar as típicas construcións das brañas de alzada e gozar do entorno.

            Xa en Adrao, con unha vista espectacular, o camiño comeza a baixar ata San Pedro de Paredes onde remata esta travesía ou tamén, podemos seguir ata Agüera de Paredes para visitar o Centro de Interpretación de las Hoces del Esva.