11 03 20 Senda do Arcediano (Sajambre, Amieva) Leon, Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELÁN

(Soto de Sajambre – Amieva)

 

SITUACIÓN: Sajambre (León) Amieva (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Soto de Sajambre (925 m)

 

ACCESO: A Soto de Sajambre chégase pola estrada N – 625, que une Cangas de Onís e Riaño, a través do porto de El Pontón.                    

 

HORARIO: 5/6 horas                   DESNIVEL: 565 m de subida / 895 m de baixada                                 

DISTANCIA:            14 km                         DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía                    

MAPAS: I.G.N. – 55 – III – 80 – I

SINOPSE: A Senda do Arcediano é, en realidade, un antigo camiño romano que foi mellorado grazas a D. Pedro Díaz de Oseja, Arcediano de  Villaviciosa quen cedeu parte das rendas que recibía para reparar o camiño. O tramo que imos facer abrangue 14 quilómetros entre Soto de Sajambre e Amieva.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A cen metros da igrexa de Soto de Sajambre (925 m), rúa arriba e un pouco antes que xire á dereita para cruzar o río, seguimos de fronte por un camiño de terra onde comeza a subida facendo primeiro un xiro á esquerda e logo, máis arriba outro á dereita. Cando levamos camiñando uns mil trescentos metros, pasamos dúas cadras, unha a cada lado do camiño, no lugar de Valdelosciegos (1.125 m). Deixamos a fonte Castiello á esquerda cruzando o rego por unha ponte de pedra. Temos un camiño de fronte que sobe ao porto de La Barcinera pero nós seguimos pola esquerda que, facendo varias curvas e gañando altura, atravesa o rego de El Osil para dirixirse cara ao oeste deixando a costa de El Rebollal pola nosa dereita.

            Despois de cruzar o regueiro de Julabragañas temos dúas curvas moi pronunciadas no camiño que logo despois duns trescentos metros sitúanos en Los Collaos (1.399 m), entre Peña Parcia e o Jorcueto, xirando á dereita e subindo pola pradeira ata rodear o Jorcueto polo oeste. Seguimos ladeira arriba ata chegar ao sendeiro horizontal que ven dos Puertos de Beza e que nos levará a Portillera de Beza (1.495 m), que chaman así os leoneses ou Portilla del Tarambicu para os asturianos, que fai límite entre as dúas comunidades.

            Dende este lugar, cara ao oeste, podemos acadar o cume de La Conia (1.654 m) indo polas lombas do Morrón e La Silla, en menos dunha hora para poder contemplar os tremendos derrubes sobre o desfiladeiro de Los Beyos.

Sobardada a Portillera, comeza a baixada ao longo de tres curvas, despois das cales, vemos un sendeiro que se dirixe ao norte que despois de numerosas curvas pola Vega de Toneyu,  á depositarnos na braña do mesmo nome ( 1.341 m).

            Saímos de Toneyu, onde aínda se ven cabanas en pé, pola ladeira de Cantu Cabroneru para eludir zoas asolagadas. No lugar de La Batuda temos un trazo sinuoso con tramos empedrados e muros de contención ao longo de máis de seiscentos metros. Seguimos pola beira esquerda do río Toneyu ata entrar nas praderías da braña de Sabugo (1.170 m) onde foi sitio dun albergue e capela nos mellores tempos da Senda. A día de hoxe, existen unhas cantas cabanas ben conservadas e unha imaxe de Nosa Señora ao outro lado do río, en Cueva Cofría na que nace unha fonte con abondosa auga.

            O camiño deixa a veiga de Sabugo en dirección nordeste cunha mansa subida  para pasar o lombo de Los Cantarinos e chegar ao Campo de El Frade, unha chairega e pequena pradeira. Atravesamos o rego de Cortegueros e a costa de Galgueral, quedando á dereita Canto Cortegueros, para chegar a unha curva que nos deposita no Cantal, nun saínte rochoso enfronte a confluencia dos ríos Toneyu e Dobra.

            Seguimos baixando para pasar xunto á fonte e bebedeiro de La Pandiella, quedando debaixo a braña de Cueries e á nosa esquerda a ladeira de Prau La Pandiella. Un pouco máis adiante, á nosa dereita, temos a fonte de La Gemelda.

            O camiño agora, dende o Colladín de la Dobella ata Cubiellos, ten unha forte pendente que anima a esvarar se non se pon o debido coidado, sobre todo si esta mollado, por algo se chama Cuenya Moyada. Chegamos as cabanas de Les Valleyes é a través de La Cuestina situámonos no Collado Angón (815 m).

            Dende este espectacular paraxe seguimos cara á esquerda para baixar por pista de formigón ata Amieva (695 m).