11 09 10 Midí d´Ossau (Vall d´Ossau) Lleida

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELÁN

SITUACIÓNFrancia

PUNTO DE PARTIDA:Aparcadoiro de Anéou (1.700 m) 

ACCESO: Dende Sallent de Gallego pola estrada A – 136 que pasa por Portalet para baixar 1,5 km ata o aparcadoiro de Anéou.                            

HORARIO: 9/10 horas                 DESNIVEL: 1.184 m                     DISTANCIA: 16 km            

DIFICULTADE: Alta                     TIPO DE RUTA: Ida e volta                  MAPA

SINOPSE: A vía normal sobe a través dun marcado e evidente trazo, superando sucesivas barreiras rochosas con forte pendente. Son famosas as chemineas que hai que escalar con pasos de dificultade de II e III.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Desde  Portalet (1.794 m) baixamos 1,5 Km. hasta chegar ao aparcamento de Anéou, lugar do comezo da ruta de aproximación cara á montaña. Este lugar sitúase contiguo a Cabaña de Araille (1.700 m). Aquí collemos un camiño no lado esquerdo da estrada, cruzando o río por unha ponte, emprendendo así a marcha por unha ampla pradeira, pasando xunto a Cabaña Sénescau (1.812 m). Unha senda debuxa claros zigzags remontando a empina­da ladeira hasta o Col del Soum de Pombie (2.129 m), onde fai a súa aparición o desco­munal Midi. Logo baixamos suavemente (N.) polo flanco oriental do Pico Peyreget (2.483 m) ata dar co refuxio alpino e lago de Pombie (2.031 m) (1,15). Algúns prefiren facer noite aquí, para afrontar o resto da ascensión ao día seguinte.

            Para acometer a vía normal subiremos ao cimbro Suzon (2.127 m), que queda ao N. do refuxio, á esquerda do castillete rochoso do Pic de Saoubiste (2.262 m). Ao comezo o sendeiro, sinalizado, discorre por un verdadeiro caos de rochas. Pouco a pouco o sendeiro nos dirixe de forma clara ao herboso cimbro (2.127 m). Desviámonos á esquerda para dirixirnos xa cara á montaña. Dende este lugar non se observa con claridade o itinerario que segue a vía normal aínda que con algo de experiencia pódese chegar a visualizar. O trazo consiste en ir alcanzando sucesivas plataformas herbosas separadas por curtas chemineas pouco difíciles. Os montañeiros experimentados poderán franquealas con tranquilidade sen o uso de corda. Para os neófitos suxírese o encordamento.

           O sendeiro colócanos tras uns quince minutos de subida ao pé da primeira cheminea (2.345 m), duns 25 metros de altura. Esta cheminea recórrese polo seu interior (II) encontrando unha pequena estrangulación aos dez metros aproximadamente, alcanzando logo unha placa lisa e pulida duns 4 metros provista dun par de cravos que permiten superala. A partir de aquí enlázase cun sendeiro que recorre unha terraza suspendida ata alcanzar a base dunha segunda cheminea.

            Esta segunda cheminea é máis impresionante pero conta con moi bos agarres (II+). Posúe uns 30 m. e sóese ascender aproveitando unha fisura á dereita do diedro que forma a propia cheminea. O convenente aquí é rapelar na baixada polo diedro e ascender por la fisura da dereita, de tal maneira que se minimiza o risco de encontro e a caída de pedras entre os que soben e os que baixan. Superada a cheminea reaparece o camiño. Máis arriba existe un pequeno resalte moi sinxelo (I) equipado con algunha barra. Descóbrese a partir de aquí a ampla canle que se dirixe cara á cima.    O sendeiro debúxase claro sobre esta canle que non ofrece dificultades. Posteriormente o terreo vólvese algo máis vertical e hai que retomar a trepada.

            Finalmente atoparemos unha terceira cheminea, máis fácil cas outras dúas (II-). Superada aparece unha barra e unha canle fácil (I) que desemboca na cruz do Paso del Portillón du Midi (2.657 m). Estamos na entrada do chamado Rein de Pombie, unha gran pedreira inclinada onde xa desapareceu toda dificultade. Atravesamos esta paraxe para colocarnos xa na crista (2.874 m), uns metros á esquerda da Punta de Francia/Pointe de France (2.881 m), a que podemos chegar nun par de minutos.

            Continuamos cara á esquerda, rodeando un pequeno resalte para trepar facilmente á cima principal do Midi d' Ossau ou Punta de España/Pointe d' Espagne (2.884 m)(P.D.).

            A baixada facémola polo mesmo camiño da subida xa que, non hai outro sitio máis sinxelo. Para iso volvemos sobre a crista cara a Punta de Francia, perdendo altura sobre o Rein de Pombie ata o paso do Portillón (2.657 m). O Reim de Pombie é un terreo caótico onde non é aconsellable desviarse do camiño marcado, especialmente con mal tempo.

            Dende o paso do Portillón, a canle final baixase sen dificultades para situarnos ante a terceira cheminea, que tamén destrepamos, aínda que é posible baixar con corda (30m). De seguido chegamos sen dificultades ata a segunda cheminea, que podemos rapelar (35 m), ou dous máis curtos. Estas baixadas descorren polo diedro da cheminea, deixando para subir as fisuras da dereita (II), evitando así atoparnos con xente subindo.

            Logo, camiñando, chegamos ao remate da primeira cheminea, un chisquiño complicada para destrepar, polo que optamos pola corda facendo un rapel de 25 m.

            Baixadas as chemineas, seguimos o sendeiro ao cimbro Souzon (2.127 m), onde collemos o camiño que nos leva ao refuxio (2.031 m) e logo, ao aparcadoiro.