19 01 19 De Bres a Taramundi

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Taramundi (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Bres (350 m)

ACCESO: A Bres chégase desde a Veiga logo de 16 km pola estrada AS – 21

HORARIO: 4/5 horas          DISTANCIA: 13 km

DESNIVEL ACUMULADO: 650 m  de subida / 720 m de baixada

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía             MAPA: I.G.N. – 25 - III

COTA MÍNIMA: Mazo Novo (160 m)                  COTA MÁXIMA: O Teixo (650 m)

SINOPSE: Camiñamos nun contraste de paisaxes que cambian de forma brusca pero ao mesmo tempo tamén amables, verdes e suaves. Apartadas aldeas con humildes capelas e edificacións en armonía con o medio.

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos atravesando Bres en dirección oeste para,  no remate do lugar, coller rumbo suroeste. Imos subindo por pista de terra ata que a abandonamos para coller un fermoso carreiro no que abundan os carballos e as arandeiras, baixando así ao rego e ao Muíño de Nela (400 m) e o Muíño Vello, ambos en precario estado de conservación por haberen caído en desuso.

            Agora temos unha forte subida, logo da cal, chegamos a Brataramundi, collendo aquí a pista asfaltada que nos vai levar ata O Teixo (650 m), lugar que, en días despexados posúe unhas amplas vistas sobre todo cara a Sela de Entorcisa e Sela de Fabal.

            Continuamos pola pista asfaltada ata o barrio de A Fonte, onde pola dereita baixa unha pista, que temos que coller, que facendo varios zigzags intérnase no bosque buscando a canle do rego das Mestas.

            Seguindo este rego chegamos a Os Teixois, lugar que posúe un conxunto etnográfico e cantina, bo sitio para xantar.

            Partimos dos Teixois subindo polo camiño que nos leva á pista asfaltada que sobe a Santa Mariña, camiñando por ela uns metros para abandonala de seguida, collendo un carreiro que sae pola nosa dereita e que en forte baixada nos leva  ao río Turía que cruzamos por unha ponte de madeira. Logo temos unha curta e forte subida, despois da cal, chegamos a Os Esquíos, antigo casarío onde se fabrican navallas.

            Saímos dos Esquíos por pista asfaltada, tendo máis adiante un desvío pola esquerda que sobe a unha fermosa seimeira. O camiño  segue un tramo pola pista asfaltada ata que a abandonamos para coller, pola dereita,  un camiño que nos vai levar ata o Mazo Novo.

            Desde este lugar temos unha curta pero forte pendente para chegar a Taramundi.