19 08 11 Ibón d´Acherito

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Parque Natural Valles Occidentales (Ansó) Huesca

PUNTO DE PARTIDA: La Mina (1.150 m)

ACCESO: Desde Hecho pola pista que sobe á Selva de Oza

HORARIO: 4/5 horas                      DESNIVEL: 735 m                          DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Media                   TIPO DE RUTA: Circular

 

COTA MÍNIMA: La Mina (1.150 m)         COTA MÁXIMA: Ibón de Acherito (1.870 m)

MAPA: Valle de Ansó y Hecho de Alpina

SINOPSE: O interese máis grande é o espectacular Ibón de Acherito, de orixe glaciar abicado nun antigo circo glaciar no que se destaca o entorno rochoso das abas que pechan polo leste a súa cunca.

            Ademais temos boas vistas no entorno montañoso da cunca do barranco de Acherito con os cumes de Chipeta Alto, Pico de Pietraficha, Quimboa Alto, Foya de Gamueta, Pico de Sobracal…Na cabeceira do val atópase o dolmen de Acherito e un pouco apartado o dolmen de Ferrerias. De volta na ponte, nas inmediacións, temos restos megalíticos e unha árbore monumental.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da ponte sobre o barranco de Acherito preto da súa desembocadura. Desde alí, seguimos o GR que sobe cara ao norte polo antigo trazado da calzada romana GR – 65 .3.3. Axiña o camiño colle pola beira dereita do barranco das Foyas e o segue.

            Cando o camiño xira ao sur, temos que abandonalo para seguir cara ao norte por camiño moi marcado ata un pequeno altiplano. Neste lugar bifúrcase o camiño polo que seguimos cara ao oeste cruzando este val ao pé dos cantís rochosos das Rallas de las Foyas, que se atopan ao norte.

            O camiño agora vai en dirección noroeste atravesando alternativamente ladeiras  con forte pendente cubertas de matueiro, un novo bosque de coníferas, pedreiras rochosas que baixan das paredes situadas ao norte e finalmente zonas de pasto que existen nas pendentes máis moderadas.

            Flanqueando o Barranco de Acherito, xa a bastante altura, chégase en suave baixada ata o Ibón d´Acherito (1.870 m).

            Logo da parada obrigatoria neste lago, o noso camiño continúa en dirección oeste, contornando os entrantes e saíntes rochosos. O terreo é relativamente accesible polo que invita a despistes se non collemos ben o sendeiro.

            Chegamos así a cabeceira do Val de Acherito, onde nas proximidades dun pequeno refuxio sae un carreiro moi marcado, que a tramos pode desaparecer, que nos leva en dirección sur e que transita pola marxe dereita do barranco. Logo de cruzar os barrancos,o val ensánchase seguindo agora en dirección sureste camiñando agora polo fondo do val ata o inicio da ruta.

 

MALLO A RALLA

 

            Desde este lago, remontamos cara ao leste por carreiro que conduce a unha brecha situada entre o Mallo Chorrota e o Mallo a Ralla, unha crista rochosa, escarpada pero sinxela, sobe en dirección norte ata o Mallo a Ralla (2.146 m).