19 10 19 Braña El Gumial - Pico Nogales (Aller) Asturias

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Aller (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: El Fielato, preto do porto de San Isidro (1.278 m)

ACCESO: Desde Ujo pola estrada AS – 253 que vai ao porto de San Isidro

HORARIO: 4/5 horas     DESNIVEL: 300 m de subida / 925 m de baixada                              

DISTANCIA: 13,5 km                         DIFICULTADE: Baixa        TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Felechosa (650 m)        COTA MÁXIMA: Collau Vildoso (1.575 m)

MAPA: I.G.N.- 79 – III

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza no Fielato (1.278 m), lugar composto por un grupo de cabanas e unha caseta de medio ambiente. O camiño baixa cara á canle do río Braña, que cruzamos por unha ponte.

     O camiño sobe cara a Brañarredonda seguindo logo por un carreiro entre piornos. O primeiro tramo coroa en Brañarredonda (1.400 m) pasando xunta a unha fonte. Remontamos agora por Cochéu e Campa Redonda ata rematar no outeiro de Vildoso (1.575 m).

    O carreiro agora sobe ata o portiño do bosque de Tazu polo que camiñamos ata achegarnos as campeiras de Fuentes de Invierno (1.500 m).

Deixamos o bosque seguindo o camiño sinalizado ata confluír con a Ruta del Gumial. Xa podemos ver, aos nosos pés a fermosa campeira de El Gumial (1.328 m).

    Acompañados polo río Gumial ou Alba, baixamos por un camiño carreteiro ata alcanzar as cabanas de La Llana. Pasadas estas, dirixímonos ao río Braña a altura da cota de 900 m.  Seguimos a pista que baixa paralela a estrada para chegar a Cuevas.

     Aquí incorporámonos á estrada que sobe ao porto de San Isidro en dirección a Felechosa durante un quilómetro ata que chegamos á planta engarrafadora de auga a cal pasamos por detrás. De seguida atopamos unha pista que segue paralela á estrada ata Felechosa.

 

Pico Nogales

 

   Desde as campeiras de Fuentes, xiramos cara ao sur, afrontando unha subida pola beira da cubeta de Fuentes, onde aflora unha pequena morrena glaciar. Máis adiante pasamos un outeiro que ten un desvío que suca os estribamentos setentrionais a media ladeira cara ao Picón de las Rubias, sendeiro que non collemos acometendo a subida final que nos deixa no Collado Nogales (1.934 m).

    Polo mesmo cimbro, camiñamos cara ao oeste coroando, en pouco tempo, a cima do Nogales (2.073 m).

   Podemos seguir en dirección noroeste, cara ao Collado Riopinos xirando neste lugar ao leste para coller o sendeiro que vai en dirección ao Picón de las Rubias. Ao pasar o pico Alba, baixamos en dirección norte para ir directo a Braña El Gumial, seguindo desde aquí o itinerario da ruta anterior.