19 01 19 Ruta dos Muíños (Bres) Asturias

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Taramundi (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Bres (350 m)

ACCESO: A Bres chégase desde a Veiga logo de 16 km pola estrada AS – 21

HORARIO:4/5 horas               DESNIVEL: 350 m                     DISTANCIA: 11 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Muíño de Guxo (300 m)          COTA MÁXIMA: O Teixo (650 m)

MAPA: I.G.N.- 25 – III

SINOPSE: Camiñamos nun contraste de paisaxes que cambian de forma brusca pero ao mesmo tempo tamén amables, verdes e suaves. Apartadas aldeas con humildes capelas e edificacións en harmonía con o medio.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza en Bres (350 m) collendo un ancho camiño de terra que nos conduce ao muíño de Guxo (300 m), en moi bo estado de conservación que conta, ademais, cunha pequena central eléctrica nas proximidades.

            O percorrido segue por un carreiro deixando o regato a man dereita ata chegar a unha ponte de madeira pola que cruzamos o río para comezar a subida a través dun souto de castiñeiros ata acadar o Chao do Cobo, lugar onde é frecuente atopar pegadas do xabaril.

            O carreiro continua subindo pasando pola aldea de Cabaza (500 m) ata chegar ao Teixo, atravesando prados e pequenos bosques de carballos.

            Desde o alto de O Teixo (650 m) , en días despexados temos vistas da Sela de Entorcisa e a Sela de Fabal. O itinerario segue por Brataramundi e logo dunha forte baixada chégase ao Muíño Vello e ao Muíño de Nela (400 m), ámbolos dous en precario estado de conservación por haberen caído en desuso.

            Desde este punto comézase unha pequena subida por un fermoso sendeiro no que abundan a ambos lados carballos e arandeiras, chegando a unha ancha pista de terra que en baixada nos leva ao punto de inicio desta ruta.