01 07 01 FRAGA DAS REIGADA (Lugo)

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

 ACCESO: Na estrada Pontenova - Fonsagrada atópase o lugar de Zarro de Pedro onde debemos coller cara á aldea de Barreiros situada aproximadamente a un quilómetro.

 HORARIO: 4/5 horas.                  DIFICULTADE: Baixa                  

 DISTANCIA: 12 quilómetros.       TIPO DE ROTA: Travesía

 DESCRIPCIÓN DA ROTA: Na aldea de Barreiros comeza a rota nunha constante baixada ate a antiga central eléctrica, cruzando o regato Bounote en varias ocasións por sinxelas pontes peatonais feitas dunha ou duas vigas de madeira, típicos e rústicas branceiras en contraste perfecto con a paisaxe que nos rodea de un verde intenso.

              O gozo da natureza é o principal actractivo desta rota na mairande parte do percorrido, como é o Rego da Escaleira que dispón dunha serie de pequenas fervenzas.

               Pero tamén a man do home contribuíu á creación deste paraxe, en San Pedro de Bogo, regato abaixo atopámonos con un típico casarío rural de estreitos camiños, e preto do Rego de Reigadas temos o que foi unha ferrería agora reconstruída parcialmente que alberga un mazo, unha frágua e un muiño así como un bar e aloxamentos rurais.

             Saímos por un camiño de formigón bastante pendente e pasamos por un aparcadoiro, dende o cal subimos para visitar a aldea de Bogo, logo seguimos o camiño por sendeiros e pistas asfaltadas que nos levan á Panturreira, cruzamos o río e seguimos agora xa todo por asfalto ata Ermida onde nos agarda o autobús xunto á Tenda de Manolo na que podemos tomar un grolo antes de voltar.

Ferrería de Bogo

            A Ferrería de Bogodata do século XVI e foi reabilitada a presa de pedra a canle eo banzado, mazo fuelles etc. formando un pintoresco conxunto no que noutro tempo fora unha riqueza da zoa, o mineral de ferro.