15 04 02 Monte Buciero

 PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN    MAPA

 

SITUACIÓN: Santoña (Cantabria)

PUNTO DE PARTIDA: Santoña (10 m)

ACCESO: Dende Ribadeo pola autoestrada A - 8 , coller a saída 182 que leva a N – 634 e desta a CA – 241.

HORARIO: 3 – 4 horas                  DISTANCIA: 10 km                        DIFICULTADE: Baixa      

TIPO DE RUTA: Circular              DESNIVEL: 250 m

COTA MÍNIMA: 10 m (Santoña COTA MÁXIMA: 240 m (Preto de  Casa de la Leña)

MAPA: I.G.N. – 36 – I         

 

SINOPSE: A reserva Natural das Marismas de Santoña e Noja comprende as marismas da primeira poboación, dous pequenos enclaves ao noroeste, as Marismas Victoria e as Marismas del Joyel e o Monte Buciero.

O Monte Buciero é un impoñente macizo calcário, cuberto por un bosque de aciñeiras ao pé do mar Cantábrico. Desde o cume de Peña Ganzo (379 m) domínanse os accesos á Bahía de Santoña, a ao longo da súa historia foi cobizada por romanos, normandos e franceses.

Tralo saqueo da vila en 1.635 polo bispo de Burdeos, construíronse as primeiras defensas fronte aos saqueos mariños. Máis foi coa Guerra da Independencia cando as fortificacións acadaron o máximo desenrolo. Napoleón pretendía converter o Monte Buciero noutro Peñón de Gibraltar. Para iso, as tropas francesas levantaron diversas fortificacións. En 1.810 o guerrilleiro Díaz Porlier, apoiado por cinco fragatas inglesas, embarca en Ribadeo e toma Santoña, coa intención de converter a localidade nun Cadiz do norte, pero en inferioridade numérica axiña abandona a vila. Ao remate da guerra José Bonaparte xa cruzara os Pirineos e os franceses seguían en Santoña, praza forte que non abandonaron ata a sinatura da paz. O avance das técnicas e o armamento militar durante o século XIX acabou por facer inútiles os proxectos de converter Bucierno nun bunker.

 

DESCRICIÓN DA RUTA:  A camiñada comeza no paseo marítimo de Santoña pasando por debaixo do forte de San Martín. Collemos a rúa do Monte que logo de medio quilómetro da paso a un camiño escavado na rocha calcárea. Antes debemos ignorar un desvío á dereita que leva a unha urbanización e ao forte de San Carlos. Segundo subimos polo camiño vemos, abaixo á dereita, o forte de San Carlos onde en 1668 se levantou o castelo do mesmo nome.

            Proseguimos a subida divisando cara ao leste o Pico Candina, visitado por este grupo na Semana Santa do 2.012, o cabo Cebollero ou balea de Sonabia e a costa vasca ata o cabo Villano. Logo de quilómetro e medio de subida, deixamos á nosa esquerda a Casa de la Leña, uns metros despois temos o sendeiro que sobe a Peña Ganzo (379 m) e ao forte Ganzo. O camiño pasa a Punta del Fraile internándose no aciñeiral do Monte Buciero. Baixamos por un camiño que se estreita momentaneamente para chegar ao cruce de Cuatro Caminos, con un indicador sinalando á dereita ao Faro del Caballo é á esquerda o Mazo. Si optamos pola visita ao faro temos que ter en conta os 740 chanzos que temos que baixar ata dito faro ou 800 si queremos chegar á beira do mar. Antes desta escaleira aparece pola nosa dereita un sendeiro que nos leva a unha explanada sobre acantilados onde se abicou a desaparecida batería de San Felipe. A baixada pola escaleira require paciencia e boa forma física, rodeados pola vexetación do cantil e unha nutrida colonia de gaivotas. Nunha pequena explanada está a esmendrellada torre do Faro del Caballo, un antigo indicador que guiaba ao porto os barcos de Santoña.

            Corenta minutos podemos tardar en volver ao cruce de Cuatro Caminos, onde xiramos á dereita cara ao norte. O camiño baixa por pola espesura e axiña pasa a converterse nun estreito carreiro. Temos un sendeiro que sobe perpendicular pola esquerda en dirección á La Atalaya que ignoramos comezando a ascender en dirección noroeste.

            Logo duns metros o sendeiro baixa facendo zigzags saíndo máis tarde do aciñeiral fronte a Punta e o Faro del Pescador. Agora collemos a estrada que une a Punta del Pescador con o barrio de El Dueso é, ao pasar xunto á Punta del Águila a estrada xira cara ao suroeste, divisando a praia de Berria que une o Monte Buciero, antiga illa, con terra firme.

            Xiramos á esquerda fronte as murallas do cárcere de El Dueso atopando unha pista que nos conducirá ata a fonde de El Mazo. A pista gana altura entre prados e aciñeiras, ignorando dúas bifurcacións á esquerda, desembocando nun camiño, con o forte de El Mazo uns metros á dereita. Desde esta fortificación, hoxe chamada de Napoleón, nuns metros deixamos á esquerda un camiño que conduce ao Polvorín El Helechal polo que se comunica con Peña Ganzo y Cuatro Caminos, logo baixamos por estrada ata o forte San Martín, con Santoña e as súas marismas aos nosos pés.

 

Texto extraído do libro Las Mejores Excursiones por Cantabria, 60 itinerarios da editorial El Senderista. Autor: José López Cobo