13 05 19 Puerto de Somiedo - La Pornacal - Villar de Vildas

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Parque Natural de Somiedo 

PUNTO DE PARTIDA: Santa María del Puerto (1.486 m)

ACCESO: Dende a N-634 á altura de Cornellana, temos que coller a estrada que vai a Cangas del Narcea e a 10 km desviarnos á esquerda cara ao Porto deSomiedo, lugar da saída.

HORARIO: 5/6 horas            DESNIVEL: 500 m de subida/1.100 m de baixada           

DISTANCIA:15 km               DIFICULTADE: Baixa            TIPO DE RUTA: Travesía                    

MAPAS: I.G.N. – 76 – II – IV

SINOPSE: Á parte das vistas que nos deparan os cumes de La Penouta e Cogollu de Cebolleu, esta ruta ten tamén como salientable a visita á braña de La PornacalEsta braña é a maior e mellor conservada das brañas de Somiedo, onde seguen as antigas tradicións dos vaqueiros de alzada nun marco de incomparable beleza. Na Pornacal hai 32 cabanas de teito de xesta agrupadas nos barrios de La Prida, El Mediu, El Ríu e El Cabu. Situada na marxe dereita do río Pigüeña, nun pequeno outeiro a 1.170 m de altura dominando os prados de La Requexada. Os teitos teñen engadido unha cadra de pedra de planta rectangular, cuberta a dúas augas con tellas curvas e muros de pedra. Como é característico o teito ten o tellado de ramas secas de xesta ou piornos que se deben cambiar cada quince anos. O interior divídese en habitáculos para o home e os animais.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Sta. María del Puerto (1.486 m.) camiñando polas rúas do lugar cara ao occidente seguindo a rota do Cornón. Chegado a unha bifurcación temos que seguir pola dereita, por un cómodo camiño entre paredes de pedra abandonando as marcas da rota do Cornón. Xa vemos de fronte a  Penouta que remata o val do Bayo. Máis adiante atopámonos con outro cruce onde seguimos de fronte porque pola dereita temos o paso restrinxido. Vamos camiñando entre piornos por riba dos meandros que fai o rego a altura dos montes de Las Camposas. Ó chegar aos primeiros estribamentos da Penouta onde, os máis montañeiros e montañeiras deben acometer a subida polo prado debaixo das primeiras rochas que baixan desta longa montaña, para logo ir cristeando nun entretido camiñar entre rochas cara ao airoso cume (1.976 m.). Á dereita podemos ver a aldea de La Peral, o val do río Trabanco e o pico Mocosu.

            Dende o cume, se o día e bo, poderemos observar moitas montañas da Cordilleira Cantábrica como o Macizo de Ubiña, o Cornón, moi preto as Peñas del Nuncio, Cogollu de Cebolleu e outros cumes da veciña comarca leonesa.

            Baixamos pola crista occidental para acadar a Horcada de Bayo por onde pasamos para dar vista a veiga do río Trabanco. Temos agora unha forte, pero curta, baixada entre matueiros, e unha vez abaixo cruzamos o rego para subir pola ladeira que temos enfronte. Podemos escoller a zona de subida por onde queiramos porque de todas formas temos que coroar no Alto de Fontarante (1.832 m) onde existe unha pequena lagoa.

            Neste sitio, a xente máis andadora poderá dirixirse ao oeste, cara ao Puerto de Zreizales (1.740 m) e dende alí subir ao cume do Cogollu de Cebolleu (2.080 m). Isto alongaría a ruta uns cinco quilómetros e sumaría un desnivel duns 550 m tanto de subida como de baixada.

            Dende este punto damos vista ao val do río Pigüeña e a braña Los Cuartos a que temos que baixar por un sendeiro sen perda ningunha. Na braña Los Cuarto ou Braña Viecha podemos facer un alto para reagruparnos e admirar algunhas cabanas de teito

            A partir desta braña comeza unha cómoda pista paralela ao río que xa non abandonaremos ata o remate deste percorrido. Primeiro temos un cruce sinalado que sube ao Collado de La Enfestiella e á Peralpero nós seguimos de fronte para chegar a mais famosa braña de Somiedo.

            Esta e a braña de La Pornacal con moitas cabanas perfectamente conservadas a ambos lados do noso camiño. Dende aquí, quédanos menos de unha hora para chegar a Villar de Vildas.