02 08 17 GARGANTA DO RAO (Navia de Suarna) Lugo

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: (Os Ancares) Rao – Navia de Suarna - Lugo

PUNTO DE PARTIDA: Coro

ACCESO: Na estrada N-VI á altura de Becerreá collemos a estrada que vai a Navia de Suarna, pasamos esta vila e a 2 quilómetros collemos á dereita unha nova estrada que nos leva a Rao.

HORARIO: De 7 a 8 h                   DISTANCIA: 18 quilómetros.

DESNIVEL: 650 m                         DIFICULTADE: Media

MAPAS: I.G.N. – 99 – II – IV – 100 – III

SINOPSE: Esta excursión ocupa unha posición privilexiada dentro da comarca de Os Ancares, tendo infinidade de recursos turísticos naturais así como tamén outros debidos a man do home.

    Debemos dedicar atención ao retablo da igrexa de Rao, a unha antiga ferrería entre Robledo e Murias, tamén os cortíns, ouriceiras, fervenzas e muíño

    O mesmo tempo sentiremos o pracer de camiñar por estes sendeiros disfrutando da beleza dos acivros, carballos e castiñeiros así como dos ríos de alta montaña e pallozas.

    Non esqueceremos a fermosa garganta que o río Rao tallou entre as rochas de laxe destas bravas montañas que limitan coa nosas veciñas Asturias e León.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Esta rota, que atravesa algúns dos paraxes máis fermosos da comarca de Os Ancares, parte da aldea de Coro seguindo a estrada que vai a Rao ata pouco despois de pasar o río, alí o camiño torce a dereita para levarnos a aldea de Robledo.

    En Robledo debemos seguir de fronte polo antigo camiño de Balouta ata chegar a estrada asfaltada pola que camiñaremos algo máis de quilómetro e medio para acadar unha ponte na que a estrada cruza cara ao outro lado da garganta. Nós seguiremos polo lado que víñamos e antes de cruzar a ponte collemos un sendeiro que vai a uns prados. Por este sendeiro camiñamos ata unha segunda ponte pola que cruzaremos o río a esquerda seguindo polo asfalto novamente.

    Alí facemos un xiro a esquerda e de novo polo asfalto medio quilómetro máis para despois xirar á dereita e coller o antigo camiño que vai a braña de Pandozarco.

    Cando levemos un anaco andando por este camiño chegaremos a uns prados onde o noso itinerario segue por enriba do primeiro prado por detrás dun muro de pedra.

    Proseguimos a marcha pola montaña arriba onde xa non temos perda ate chegar a Pandozarco. Unha vez nesta braña o sendeiro lévanos monte abaixo a aldea de Murias, atravesamos este lugar para coller o camiño que nos leva de novo ao punto de partida: Coro.