05 06 18 CORDAL DE LA BALLOTA – FOZ DE LA CADILLERA (San Emiliano) León (Lena) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓNLena e San Emiliano (Asturias – León)  

ACCESO: Alto del Palo (1.683 m.). A este lugar chégase pola estrada LE – 8 Campomanes Puerto de la Cubilla.

HORARIO: De 5 a 7 horas                       

DESNIVEL: 700 m. aproximadamente, subindo á Almagrera, Mesa e Tesa 

DIFICULTADE: Media / alta             TIPO DE ROTA: Travesía          

MAPAS: I.G.N. - 77 – IV – 78 – III – 102 – II – 103 - I

 

DESCRICIÓN DA ROTA: A rota parte da división xeográfica no Alto del Palo ou Puerto de La Cubilla (1.683 m.) para coller un carreiro en dirección este que vai faldreando paralelo a unha pista que discorre máis abaixo.

    Axiña temos ante nós o primeiro cume que nos ocupa este día. A Almagrera (1.831 m.) queda á nosa esquerda e non podemos desaproveitar a ocasión para subir a este modesto cume. Retomamos o carreiro que nos leva ata Maya Vieja, e mesmo derriba atópase o segundo cume a superar.

    Achegámonos ao murallón da Mesa (1.933 m.) rematado nunha pequena planicie, rodeada de impresionantes desplomes cara a todas as vertentes. Uns fitos de pedra indícannos a ruta máis fácil a seguir, comezando por unha sostida aganchada con moitos agarres situados estratexicamente polas llambrias e resaltes da rocha.

    A progresión moi aérea pero fácil e entretida, remata na ampla cimeira desta montaña. Achegámonos aos abismos da cara norte por onde existen vías de escalada de moita dificultade. Esta montaña tamén nos amosa as mellores panorámicas do Macizo de Ubiña. Cara ao sur esténdense as campeiras e diversas brañas situadas na zona leonesa, Cuallos, El Fasgal, El Pedroso, son algunhas delas.

    Agora toca descender, polo que tomaremos moitas precaucións, ata chegar á súa base, logo seguimos en dirección leste para pasar xunto á Tesa, cume de fácil ascensión. Proseguimos cara a braña de La Mata e comezamos a baixada xunto ao río de La Foz.

    Collemos o camiño de ferradura que nos leva a través dun espeso bosque de faias pola fermosa Foz de la Cadillera. Entre os paredóns da Tesa e Las Tarrientas o camiño modera o desnivel ao paso polos invernais de La Llinar e Cabel, para mais abaixo, sen coller ningún desvío, a rota alcanza a aldea de Traslacruz e Los Pontones onde remata esta completa e fermosa travesía.