06 11 19 Bosque de Peloño (Ponga) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

Opcións: Visita do Bosque de Peloño ou subida a Sen de los Mulos

 

SITUACIÓN: Concello de Ponga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Collada Llomena (993 m.)

ACCESO: En Cangas de Onís, collemos a estrada N – 625 que sobe ó porto de El Pontón, e a altura de Santillán desviámonos a dereita pola AS – 261 que pasa por Sellaño e San Juan de Beleño. Dende aquí a 3 km. atópase a Collada Llomena.

HORARIO: 5/6 horas               DESNIVEIS: 285 m. / 512 m.               DISTANCIAS: 14/18 km.

DIFICULTADE: Baixa/Media                 TIPO DE ROTAS: Travesías               

MAPAS: I.G.N. – 55 – III – 80 - I

 

DESCRICIÓN DAS ROTAS: En Collada Llomena (993 m.), collemos un camiño no que se atopa o cartel indicativo da rota P.R. AS – 181, perfectamente sinalizada en todo o seu percorrido.

                O camiño de terra, comeza cunha suave pendente polo medio dun paraxe con carballos freixos e moitos acivros, sendo este tramo un balcón natural cara as montañas do Cornión e do Cordal de Ponga. En todo momento seguimos o camiño principal obviando todos os desvíos que iremos atopando. O camiño, pasa pola braña de Les Bedules (1.083 m.) onde temos unha fonte, lugar extraordinario como miradoiro dende o cal se ve Peña Salón, o pico Pierzu e o gran val de Ponga entre Taranes e a Llambria, así como os cumes do Cornión. Ata aquí ven unha pista de formigón procedente do Cabañón. Pasamos xunto a fonte e seguimos pola esquerda, deixando a dereita varias cabanas. A pista ensánchase e intérnase no bosque sen perder altura para tras un cómodo recorrido chegar a Collado Granceno (1.195 m.) onde temos outra fonte, preto da cal está o indicador que nos anuncia un brusco xiro a esquerda para baixar a Viboli.

                Dende este lugar temos dúas opcións de ida e volta :

                Bosque de Peloño: Granceno marca o comezo do Monte de Peloño que podemos visitar seguindo de fronte pola pista principal. O camiño moi cómodo de andar lévanos entre o bosque de faias polo chamado camiño dos arrieiros que sobe por Arcenorio ata a Uña, localidade pertencente a provincia de León. Seguiremos pola pista contando co tempo necesario para a volta a Collado Granceno.

                Sen de los Mulos: Para chegar a este cume temos que coller un camiño que indica a Tolivia, braña abandonada hoxe en día. O itinerario é o ideal para recrearse ca paisaxe; pasa por Abañera, Les Files e a cova Ñobeya avanzando cara ó Porrón de Ardimales, e, subindo levemente da un xiro a esquerda para asomarse o val de Tolivia. A bagoada esténdese ata o cume do pico, que dende aquí amósanos o acceso máis vulnerable. Seguimos o sendeiro que se arrima a cristería occidental, progresando por un terreo de pedras e herba. Pola canle vamos vendo restos de cabanas pertencentes a antiga braña de Viances e máis enriba restos dunha calicata mineira. Antes de enfrontarnos o resalte final da pena, e conveniente xirar a nosa dereita para chegar o cume por un terreo máis cómodo entre árbores illados e terreo irregular. O escabroso cristerío chega ata Peña Subes, que xunto con Sen de los Mulos, e un dos miradoiros que máis panorámicas ofrece desta zoa de Asturias. A volta facémola polo mesmo camiño ata Granceno.

                Collado Granceno: De volta neste lugar, o camiño inicia unha forte baixada por unha zoa onde as faias se mesturan cos prados. Acompáñanos o son da auga do regato Cándanu que baixa polo medio da densa vexetación. Preto del baixamos polo medio da foresta, sempre polo camiño principal, que nalgúns tramos máis pendentes conserva o empedrado orixinal.

                De seguida conectamos coa pista asfaltada. Temos de fronte un indicador que sinala a esquerda a aldea de Viboli, a dous centos metros, pero nós collemos a dereita cara a unha grande cabana e xunto a ela atravesamos o río por unha ponte de formigón.

                A pista introdúcenos no desfiladeiro de Cándanu, lugar onde o camiño e o río pasan xuntos pola pequena abertura existente entre as paredes de Peña Salón e Peña Subes. A partir de aquí, a pista franquea a pena tallada a maneira dun semi túnel pola marxe dereita do río. A auga e a protagonista neste paisaxe, formando sucesivas fervenzas polas paredes do barranco.

                Máis adiante chegamos ó cruce da Sota, onde unha pista a esquerda sobe as aldeas de Casielles, Caviella e Biamón. Nós seguimos de fronte para seguidamente introducirnos na Foz de los Andamios, de características similares a anterior. Seguindo a pista de seguida chegamos a Puente Agüera, lugar encravado no corazón do desfiladeiro de Los Beyos, por onde descorre o río Sella e a estrada nacional 625.

                Xunto ó bar, onde nos agarda o autobús, damos por rematada esta travesía.