09 09 20 Portudera (La Caballar - Arenas) (Cabrales) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER TRAZADO DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Cabrales (Asturias)     

PUNTO DE PARTIDA: La Caballar (1.224 m.) 

ACCESO: A esta lugar chégase collendo en Arenas de Cabralesa estrada AS – 254 que vai a Poncebos. Aquí a CA – 1 pasa por Sotres cara a Tresviso. La Caballaré unha braña dos pastores de Sotres situada a 2 km. desta poboación.

HORARIO: 5/6 h.                    DESNIVEL: 250 m de subida / 1.072 m. de baixada          

DISTANCIA: 16 km.                         DIFICULTADE: Media  TIPO DE ROTA: Travesía                  

MAPAS: I.G.N. 56 - I - III 

SINOPSE: Ao largo do cordal de Portudera descorre un dos camiños máis tradicionais da rexión asturiana. Chámase a Senda de Caoru e suponse de orixe romana, tal vez usada con fins militares. Conserva tramos empedrados e actualmente e percorrida por pastores e rabaños, así como por montañeiros e sendeiristas que, guiados pola sinalización do sendeiro P.R. AS – 127, desprázanse entre Arenas de Cabrales, Tielvee Sotres. Tamén serviu como elemento de infraestructura viaria para a explotación mineira de ferro de Ándara, durante o século XIX.

            A serra dos Puertos de Era, Portudera abreviado polos pastores, sitúase no concello de Cabrales entre as cuncas dos ríos Cares e Duje, estendéndose en sentido este – oeste entre o Collado del Piruée os arrabaldes da poboación de Arenas de Cabrales. Ten unha lonxitude de oito quilómetros onde abundan as majadas no medio dunha dentada cristería, onde a máis coñecida é a majada de Tordín, pero as demais nada teñen que envexarlle en canto a valores etnográficos ou riqueza de pasteiros.

            O itinerario constitúe un excelente miradoiro cara ao Macizo Centraldos Picos de Europa, así como cara a outras montañas do seu entorno.

TOPONIMIA

Majada - Mayada: Pequena pradeira con unha ou máis cabanas onde os pastores pasan largas tempadas coidando o gando. En Galicia equivale a braña.

Jou: Expresión que se utiliza en Asturias e Valdeón para designar os típicos buratos ou depresións dos Picos de Europa. Hoyos na parte cántabra.

Puerto: Pode referirse a porto, pero tamén se coñecen como Puertosao conxunto de veigas e majadas dunha determinada zoa. Facer puerto ou facer majada significa pasar temporadas coidando o gando nestes lugares.

Llambria: Superficie de rocha pulida pola auga e o xeo, de forte inclinación.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: Saímos dende a majada de La Caballar (1.237 m) xunto a unha antena, onde collemos o camiño de Pirué que vai cara ao norte baixo os estribamentos occidentais do Alto del Pirué. Baixamos aos chans de La Empolla, cara a fonte de La Teya, sitio onde empatamos coa ruta sendeirista do Monte Camba. Vamos á esquerda, deixando ese desvío da dereita, pasando entre o monte El Cárabo e o Monte Camba. O camiño segue en baixada preto do regato Camba que abandonamos no lugar de La Sardaña (1.025 m) para seguir en dirección norte a través do Campu Cimbraña.

      Vamos deixando o val de Secudia as nosas costas empoleirándonos monte arriba por onde comezamos a coller altura.  Logo de pasar xunto a unha cerra para o gando, despois duns zigzags, cruzamos a liña eléctrica, mentres asoman aos nosos pés as cabanas da majada de Tobaos. Subimos de fronte  deixando a nosa dereita a Loma Espeyas pasando a outra ladeira para chegar a braña e o Collado Entrejano (1.141 m). Seguimos o sendeiro que atravesa a media ladeira por onde acadamos o collado Posadoriu (1.226 m.) que, como o seu nome sinala, é un lugar moi axeitado para folgar mentres contemplamos as fermosas vistas dos tres Macizos de Picos de Europa. Sobresae neste lugar unha pedra indentificativa do sendeiro P.R. – AS 127.

      Atravesamos este lugar e un pequeno jou cuberto de breixos para acceder a majada de Tordín (1.200 m), a primeira dunha riola delas que iremos vendo ao largo da ruta. Sen baixar a braña, cruzamos horizontalmente a outro cimbro á esquerda, dando vista cara ao outro lado os chans dos Puertos de Era, coa fonte das Viñas ao pé do cimbro.

      Despois deste punto, o camiño pérdese entre  fentos e breixos que cobren a maior parte da superficie. Entre eles tápanse un sen fin de carreiros feitos polo gando, o camiño transcorre (fixarse nas marcas) rumbo noroeste, baixando cara ao monte Obesón.

      O sendeiro, agora, transcorre a través dun pequeno bosque de faias baixando ata un regato, sen auga no verán. Subimos polo monte de toxos e carqueixas rodeando pola dereita (E) a morra que temos diante e alcanzamos a braña e cimbro de Tambrín (1.065 m).

      Seguidamente deixamos a braña de Umardo a nosa esquerda para comezar a frenética baixada cara a Arenas de Cabrales. Atravesamos a fermosa zona de Portudera, baixando entre cabanas e prados  zarrados con paredes de pedra por sendeiro ben marcado, sen problemas de estravío.

     As faias van dando paso a unha zona de carrascas  e máis abaixo castiñeiros chegando así ao cimbro Castiello (400 m). Seguimos o camiño, agora de terra, que entra a esquerda nun val con un encoro visíbel máis abaixo. O camiño cruza a outra vertente e atravesa a canle que ven de Poncebos. Pasada esta canle chegamos en poucos minutos a estrada PoncebosArenas, camiñamos por ela ata os aparcadoiros de Arenas (150 m).