18 03 29 Montesinho - Porto Furado - Montesinho

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

 GALERIA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

 

SITUACIÓN: Parque Natural de Montesinho – Trás os Montes (Bragança e Vinhais) Portugal

PUNTO DE PARTIDA: Montesinho (1.000 m)

ACCESO: Entrando en Portugal pola estrada ZA – 925 que vai de Puebla de Sanabria a Bragança. Logo de pasar a fronteira, no lugar de Portelo atopamos a desviación a Montesinho.

HORARIO: 3 / 4  horas       DESNIVEL:  340 m / 435 m          DISTANCIA: 9 km / 15 km

DIFICULTADE: Baixa / Media                 TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Montesinho (1.000 m)         COTA MÁXIMA: Alto da Serra (1.380 m)

MAPA:

SINOPSE: O Parque Natural de Montesinho é un dos maiores parques naturais dos 12 existentes no país. Está situado na Região de Trás - os - Montes (Nordeste Transmontano) abarcando a parte norte dos concellos de Bragança e Vinhais, que forman parte da chamada Terra Fria Transmontana. Destacan no parque os dous grandes macizos existentes, a Serra da Coroa (no oeste) e a Serra de Montesinho (no leste) que dá o nome ao Parque. Merece a pena a visita a aldea de Montesinho con casas tradicionais ben conservadas.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da praza maior de Montesinho en dirección nordeste por unha das rúas máis fermosas do lugar. Paseniñamente abandonamos o lugar entre prantacións de castiñeiros para comezar a subida paralelos ao rego Ribeiro de Villar ata chegar ao paraxe coñecido como Alto do Falqueirao. Seguimos pola pista rodeando o Alto do Falqueirao chegando a un cruce de camiños. Collemos a pista en dirección norte tendo, á nosa dereita, uns xeradores de enerxía eólica. Logo abandonamos o novo camiño para coller un sendeiro que nos leva a base da pena coñecida como Orga de la Alonsa.

            Así chegamos ao encoro de Serra Serrada que se atopa enfronte a nós. Agora collemos un camiño en dirección suroeste que nos achega á ponte que nos permite cruzar a presa, pasada esta, un pequeno carreiro baixa entre granitos e sotobosque pasando por debaixo dun tubo de auga que sae da presa. Seguimos por este estreito e sinuoso carreiro que comeza a baixar e que nos permite ver un segundo encoro, o de Andorinhas, debaixo do encoro de Serra Serrada, sendo o encoro de abastecemento de Montesinho.

            Agora, unha forte baixada achéganos á aldea cunha perspectiva espectacular do val que transitamos neste último traxecto.

            Podemos ampliar esta ruta dando a volta ao encoro para logo coller o mesmo camiño de baixada.