Licenza Federativa

PORQUE FEDERARSE

 Estar federado ou federada dache derito a:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
  • Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
  • Comunicacións periódicas
  • Calendario de actividades
  • Participar en actividades divulgativas
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME:  www.ventajasfedme.es

 

DATOS IMPORTANTES

 

Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.
Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar tódolos seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
Tódolos duplicados do carné federativo motivados por erros do clube solicitante, extravío, roubo ou ampliación de cobertura do seguro, terán que pagar 3 euros por tramitación.

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.

 

Pasos a seguir no caso de accidente deportivo e centros concertados: 

GUIA-URGENCIAS-FEDERACIONES-DEPORTIVAS

NO CASO DE…

ACCIDENTE DEPORTIVO CON RESCATE

Se o accidente é grave (emerxencias e urxencias) e deben evacualo dalgunha zona, debe avisar aos grupos de rescate de onde se atope. O número de emerxencias en España é o 112. Infórmese do número de emerxencias se viaxa ao estranxeiro. Deberán desprazalo ao Hospital máis achegado. O antes posible, deberá comunicar o accidente á Federación Galega de Montañismo, onde lle explicarán os seguintes pasos a facer para cumprimetar o parte de accidente, e valorar o desprazamento a un centro concertado pola Aseguradora se fose posible e necesario.

ACCIDENTE DEPORTIVO SEN RESCATE

Se o accidente non necesita rescate, pero é grave (urxencias), debe ir a un centro de Urxencias, e indicar dende o primeiro momento que se trata dun accidente na práctica deportiva e que está federado. En canto sexa posible, debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo para que lle expliquen cómo cumprimentar o parte de accidente, e indiquen os seguintes pasos a seguir.
Se o accidente non é grave (non urxencias) debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo canto antes, para que lle expliquen os pasos a seguir para poder acudir a un centro concertado e que o atendan.
Lembre que sempre debe conservar toda a documentación que lle entreguen, por se lla solicita a entidade aseguradora.

 

TRAMITACIÓN DA LICENZA

A tramitacion da licenza en Galicia realízase sempre a través de clubs federados de montañismo.
A Federacion emite a licenza e envía a mesma ao club solicitante que será quen entregue a licenza ao deportista.

Ver CLUBES FEDERADOS NA FGM

 

PROTECCIÓN DE DATOS:

A afiliación á FGM e a FEDME implica formar parte dunha base de datos que está rexistrada na Axencia Española de Protección de Datos, polo tanto:
“De conformidade coa normativa de Protección de Datos Persoais informámoslle que vostede autoriza a comunicar os datos que nos facilita para ser incluídos nuns ficheiros automatizados dos cales a titularidade corresponde á Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e á Federación Galega de Montañismo (FGM) coa finalidade de federarse e recibir información xeral sobre os servizos, promocións e actividades relacionadas coas mesmas. Informámoslle que tamén poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación e supresión dos seus datos mediante unha comunicación dirixida á FEDME c/Floridablanca 84, 08015 – Barcelona e á FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO r/Luís Ksado 17, of.10, 36209 – VIGO”

 

PREZO DAS LICENZAS FEDERATIVAS ANO 2016

 

A INFORMACIÓN SEGUINTE NON É VINCULANTE E SÓ É SUMINISTRADA COMO PRIMEIRA REFERENCIA. 
SÓ SERÁN VINCULANTES AS PÓLIZAS E CONDICIÓNS PARTICULARES ASINADAS, REXISTRADAS, VIXENTES E EN PODER DA COMPAÑÍA DE SEGUROS E DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO.
PARA MÁIS DATOS DEBEN DIRIXIRSE AO SEU CLUBE DE MONTAÑA FEDERADO.

 

En caso de viaxes ao estranxeiro é conveniente visitar a páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores e as Recomendaciones de Viaje, e tamén realizar o rexistro de cidadans viaxando ao estranxeiro.

 

Ver coberturas en pdf .

 

LICENZA FEDERATIVA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO PREZOS E COBERTURAS 2015 SEGUROS – MAPFRE
MODALIDADE ÁMBITO TERRITORIAL DISCIPLINAS
ASEGURADAS
Infantís
(de 0 a 13 anos) (2)
Xuvenís
(de 14 a 17 anos) (2)
Maiores
(maiores 18 anos) (2)
A ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña en ningun caso) 18 € 39 € 66 €
B ESPAÑA, PORTUGAL, PIRINEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña,  Canicross, Snow Montaña, Marcha Nórdica, Splitboard e Vías Ferratas 19 € 43 € 70 €
C B MÁIS EUROPA Ídem as da B 27 € 60 € 110 €
D MUNDIAL (EXCEPTO EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) Ídem a C 43 € 90 € 162 €
E MUNDIAL (PARA EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) Ídem a D x x 537 €
OT IDEM Á “B” (SÓ OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO) (1) Ídem as da B x 33 € 49 €

 

SUPLEMENTOS:
BTT (+20 €), ESQUÍ ALPINO (+30 €), ESQUÍ DE FONDO NÓRDICO (+5,90 €) E SNOWBOARD (+41,30 €).

 

(1) As licencias OT son Licencias tipo B so para os meses de outubro, novembro e decembro para persoas que se federan por primeira vez.
(2) Categoría infantil: Ata 13 anos cumpridos no 2016. Categoría xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2016. Categoría maiores de 18 a 84 anos cumpridos no ano 2016.