18 07 14 De Cordiñanes a Caín por Arria e Arzón

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Valdeón (León)

PUNTO DE PARTIDA: Cordiñanes (860 m)

ACCESO: Desde o porto de El Pontón, collemos a estrada que vai Posada de Valdeón polo porto de Panderruedas. Cordiñanes está a 4 km de Posada en dirección á Caín.

HORARIO: 6/7 horas                     DESNIVEL: 780 m              DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Alta           TIPO DE RUTA: Travesía

COTA MÍNIMA: Caín (460 m)       COTA MÁXIMA: Jorcada de la Teja (1.465 m)

MAPA: Macizo Central de Los Picos de Europa de Adrados

SINOPSE: As abas meridionais da Torre de Arria vistas desde o miradoiro de El Tombo parecen infranqueables pero, pola parte inferior un carreiro de forma inverosímil abre paso cara á Canal de Arria e á Jorcada de La Teja desde a cal comeza unha longa baixada ata Caín.

            Esta ruta que non ten ningún paso especialmente complicado, si que vai por sitios bastante expostos, non ten sendeiros claros e si te trabucas en algún paso tés un problema.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Cordiñanes (860 m) pola pista que vai a Caín, logo das derradeiras casas, nunha curva á esquerda, collemos unha pista pola dereita que cruza o río Cares por unha ponte. Subimos cara ao Mirador del Tombo chegando de novo á pista de Caín seguindo un tramo nesa dirección. Máis tarde abandonamos esta pista para baixar de novo en busca do río, o que cruzamos pola ponte Barrejo logo do cal comeza a subida por carreiro que pasa xunto a unhas cabanas.

            Seguimos subindo ata pasar a Majada de Fresnedo e logo duns zigzags temos unha bifurcación. Pola dereita o sendeiro vai a Asotín polo que seguimos pola esquerda en dirección nordeste en busca do regato que baixa do Argayo Mermejo cara a ermida de Corona.

            Cruzamos a pedreira subindo polo outro lado en dirección norte a través do monte Arruques que nos levará ata o monte de Arria. Temos unha larga travesía á esquerda por unha terraza ata chegar a unha cova. Atopamos aquí, cara á dereita, un lugar para subir sen moitas complicacións pola Estaca á Traviesa de Arria, paso longo e estreito que percorre de esquerda a dereita a parte media da parede meridional da Torre de Arria. Esta travesía é impresionante e, no remate, un pequeno cimbro permítenos acceder á Canal de Arria.

            A subida por esta canle lévanos á Collada de Arria primeiro, e logo á Jorcada de la Teja (1.465 m) un pouco máis ao norte. Agora bordeamos cara ao nordeste para ir baixando á Majada de Moeño (1.320 m).

            Aquí temos dúas opcións: baixar por esta canle cara ao noroeste seguindo un camiño que deixa á esquerda a parte baixa da canle. Pasamos por La Matiella (1.100 m) e máis tarde por Las Correntías chegando así á Majada del Toyo situada a carón dunhas rochas. Deixamos esta braña á dereita proseguindo cara á fonte de La Cuciada é logo de pasar o Collado Camba (725 m) deixamos a Canal de Moeño dirixíndonos á El Arnao e á fonte de La Piniella. Á esquerda sae un camiño á pista de Caín pero si seguimos de fronte pasamos polo Collado Pando (545 m) desde o que baixamos as cabanas de Puntial preto da Ponte Grande entrando así a Caín.

            A outra opción é desde a Majada de Moeño, seguir en dirección norte para subir á Canal de Arzón atravesando dúas grandes pedreiras ata acadar o Collado Armellán(1.395 m). Agora baixamos polo carreiro facendo varios zigzags e atravesando unha bagoada por Judarriego que nos deixa na ampla Collada de Arzón (1.216 m).

            A baixada é bastante vertical, por terreo herboso que non deixa relaxarse en ningún momento, na parte baixa temos o Sedo del Mostajo, fácil sempre que o terreo estea seco é pouco despois chegamos a Caín onde rematamos esta fermosa, aínda que esixente travesía.